Os quilómetros que percorremos dende aquela

2011-11-20

Os quilómetros que percorremos dende aquela

Alberte Momán

ISBN: 978-84-92792-99-3

Editorial Toxosoutos

Os quilómetros que percorremos dende aquela.- As relacións humanas non son acontecementos illados na traxectoria vital dunha persoa, senón que se atopan expostas a todo tipo de influencias e agresións externas. Un entorno que en ningún caso nos é alleo e que condiciona o percorrido destas tres historias, que doadamente servirán de espello para o día a día das relacións persoais. Unha lectura próxima á que achegarse dende a propia experiencia.

Categories : libros

Os libros de Caldeirón en Lugo

2011-10-06

Categories : actos

Quindi. Que fodan a outr@s! Cómpre ir pechando

2011-09-12

Fai uns días dicía, volvo sobre o agro… realmente nunca marchei, polo que teño, tamén, cargo de conciencia. Hainos que van, regresan, na procura dun unicornio, mais este, de ter existido, non se atopa nese momento, acontecendo o que dicía Vian:

Cando voltamos, ao día seguinte, /O unicornio xa non estaba.

pero unha vaca, con un corno en plural, /é malia todo un pretexto moi válido/ sobre todo cando se está empalmado como un Turco./ Cómpre dicir, no seu descargo,/ Que os Turcos teñen unha sólida reputación.

Pero agora, o mes de maio terminou/ Entón xa non facemos nada até o ano próximo.

O certo é que para vir unha vez ao ano, ás veces é mellor estar ausente de maneira continuada, sobre todo se somos a dereita e pretendemos facernos cargo do goberno dos anexos rústicos á urbe.

E dicía Vian:

Todos dan polo cu ás moscas./ Pero hai dúas maneiras de dar polo cu ás moscas:

Con ou sen o seu consentimento.

Categories : Sen clasificar

Desobediencia

2011-07-27

Rosa Enríquez

Desobediencia
Rosa Enríquez

Nº 4 dos Q de Vian Cadernos

DESOBEDIENCIA é un conxunto de poemas sobre mecánicas viciadas. Daquela, rexeita a impostura e intenta suscitar a reflexión sobre a nosa posíbel participación na podremia. Lonxe dos cántaros baleiros ecoando á luz do día, cada un destes versos leva dentro algo sucio, algunha que outra cicatriz e a reivindicación da autocrítica que comeza por quen escribe: “Agochámonos na pelaxe dos paxaros: somos tigres que se asustan: que temen al amor y lo violentan. É certo-Antoine. On s’aime. On se déteste.”.
A idea que latexa é sempre esta: a desobediencia como exercicio ético, sustentado no rexeitamento da dominación simbólica patriarcal e capitalista, no regreso á vida comunitaria.

Pegadas

2011-07-01

Pegadas


V.V. A.A.
ISBN: 978-84-15164-44-9
Edita: A Porta Verde do Sétimo Andar

Je vais être sincère -une fois n’est pas coutume-
Voilà:
Je serai content quand on dira
Au téléphone -s’il y en a-t-encore
Quand on dira
V comme Vian…
-
J’ai de la viene que mon nom ne commence pas par Q
Parce que Q comme Vian, ça me vexerait.

Boris Vian


A partir deste poema de Boris Vian dá comezo a historia dos Q de Vian Cadernos, unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, coa que se pretende establecer un punto de encontro entre distintas disciplinas artísticas. Eis Pegadas, o segundo número desta achega, que amosa unha trintena de voces diversas e dispares, reunidas para alentar a necesidade de dicir e de permanecer, nese acto cotiá de soletrear un nome ao teléfono.

Participan:

Aurelino Costa, Asun Estévez, Alberto Augusto Miranda, António Pedro Ribeiro, Baldo Ramos (ilustración), Miguel Ángel Alonso Diz, Bruno Miguel Resende, Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro, Lino Braxe, Lois Magariños (ilustración), María Elvira Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán, Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei, Marília Miranda Lopes, Manolo Pipas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside, Fátima Vale, Alba Méndez, Marta Pedrosa Agra, Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara, Xosé Daniel Costas, Xoán’ma Rial Rodríguez, Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas, Lucía Novas, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Rosa Enríquez, José Fontes Novas, Xavier Vásquez Freire, Xurxo F. Martins

Levure Litteraire

2011-06-22

Uns textos da miña Erótica falan francés grazas, por unha parte, a Vlasta que pasou o traballo de traducilos, e a Rosa Enríquez, da que recibín o convite para participar.

A revista internacional Levure Litteraire é a encargada de facelos públicos.

Grazas a todas.

Categories : Colaboracións

A Porta Verde en Oleiros

2011-06-09

Cartaz A Porta Verde en Oleiros

Casa Charry -Praza de Galiza s/n, Oleiros-

Acollerá un acto de presentación dos Q de Vian Cadernos, que contará cos membros do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, xunto coa actuación musical de Miguel Alonso.

Será o 25 de xuño, a partir das 20 horas.

Poetas para Lois

2011-05-13

27 de Maio   20:30 h

Casa da Cultura de Neda

Categories : actos

Descarga Sétimo Andar, Poesía Alén

2011-04-26

Co libro practicamente esgotado, A Porta Verde fai posible que todas e todos os/as que o desexedes podades descargalo de balde pinchando en:

Sétimo Andar, Poesía Alén

Como resposta a unha demanda real e seguindo a liña marcada con anteriores publicacións, difundimos este libro, con licenza Creative Commons, como nova achega dos e das grandísimas poetas da República Portaverdiana.

Insomnio

2011-04-26

Un microrrelato publicado no soportal de redelibros, para retomar a escritura neste espazo.

Insomnio

Despois de días sen durmir, a maior parte dos obxectos pasan ao meu carón sen ser percibidos. Tan só nos instantes posteriores a un impacto é que son consciente da miña falta de reflexos. Sen a capacidade que proporciona o instinto para defenderme das agresións, vólvome cara unha figura que se afasta. Os edificios repítense rúa tras rúa, parada tras parada dun autobús vermello, comesto polos anos e a ferruxe.

Chove e a porta non abre ao introducir a chave. A pechadura cede fronte a presión dunha man que preme dende o interior. Sen tempo para reaccionar, precipítome sobre un can doente, cunha forte desorde emocional debido aos excesos de celo dunha propietaria viúva e con fillos ausentes. Polo que, a miña perna esquerda prefire non ter que subir as escaleiras. Convénzoa.

A porta da casa tampouco cede. Golpéoa repetidas veces, como se o efecto fose beneficioso para a miña determinación de entrar. Ábrese e golpéome cun corpo de muller, quente e cun cheiro rancio a fritura de peixe. Déixome apreixar por uns peitos grandes e separados, caídos até un embigo acondicionado polos anos e a vida sedentaria. Réndome fronte a primeira sacudida errática. Na ausencia de tempo, os golpes fanse profesionais, adestrados na contundencia. Durante a baixada, o consolo do can que volve a lamber as feridas, mentres unha voz, rouca xa despois dunha longa emisión de berros, exclama: Non era por non querer, pero estaba o meu marido na casa!

Categories : Relatos