Desobediencia

2011-07-27

Rosa Enríquez

Desobediencia
Rosa Enríquez

Nº 4 dos Q de Vian Cadernos

DESOBEDIENCIA é un conxunto de poemas sobre mecánicas viciadas. Daquela, rexeita a impostura e intenta suscitar a reflexión sobre a nosa posíbel participación na podremia. Lonxe dos cántaros baleiros ecoando á luz do día, cada un destes versos leva dentro algo sucio, algunha que outra cicatriz e a reivindicación da autocrítica que comeza por quen escribe: “Agochámonos na pelaxe dos paxaros: somos tigres que se asustan: que temen al amor y lo violentan. É certo-Antoine. On s’aime. On se déteste.”.
A idea que latexa é sempre esta: a desobediencia como exercicio ético, sustentado no rexeitamento da dominación simbólica patriarcal e capitalista, no regreso á vida comunitaria.