Vou a Bueu nun Bou

2013-03-08

Cando abrín este blogue, hoxe á mañá, quería falar deste libro sen mentalo en absoluto. Desexaba recoller as inpresións que levo acumulado, dende que o vin por vez primeira saír da caixa que o depositaba nas miñas mans, pero non é tan sinxelo, como non o é tampouco comezar de novo, despois de anos de inercia nunha soa dirección.

A importancia que para min ten este libro, con independencia de que me sexa difícil describila, seméllame aínda máis complexo recoñecer que poda ser entendida por alguén alleo a min mesmo.

Que realción podemos ter hoxe, na nosa realidade máis ordinaria, cun home que viaxa apegado a un AK-47, alén dos distintos Columbine que se dan polo mundo adiante, como expresión máxima da desesperación máis lamentable e desnortada? Como facernos asumir a responsabilidade do estado nestas desviacións? E como obrigarnos a comezar de novo, coa obriga de quen descobre o camiño por vez primeira, eludindo toda ligazón coa orde que impón a civilización corrupta que coarta e idiotiza?

Neste sentido, sinto vergoña dos que calan, así como dos que falan do cambio pero pulan pola continuidade. Eis o punto de mira do protagonista, que comeza a camiñar, procurando unha causa.

Categories : libros