Levure Litteraire

2011-06-22

Uns textos da miña Erótica falan francés grazas, por unha parte, a Vlasta que pasou o traballo de traducilos, e a Rosa Enríquez, da que recibín o convite para participar.

A revista internacional Levure Litteraire é a encargada de facelos públicos.

Grazas a todas.

Categories : Colaboracións

Sipylus e a señora D´Eon

2010-08-15

No día de hoxe, o Xornal de Galicia publica un relato, Sipylus e a señora D’Eon. Salvando algunhas modificacións erradas, o texto responde ao orixinal. Trátase dun diálogo entre o Cabaleiro D’Eon e o porteiro dunha festa, fillo do poeta e médico italiano Girolamo Fracastoro, de nome Sipylus, termo relacionado etimoloxicamente coa enfermidade sífile.

Categories : Colaboracións