Pegadas

2011-07-01

Pegadas


V.V. A.A.
ISBN: 978-84-15164-44-9
Edita: A Porta Verde do Sétimo Andar

Je vais être sincère -une fois n’est pas coutume-
Voilà:
Je serai content quand on dira
Au téléphone -s’il y en a-t-encore
Quand on dira
V comme Vian…

J’ai de la viene que mon nom ne commence pas par Q
Parce que Q comme Vian, ça me vexerait.

Boris Vian


A partir deste poema de Boris Vian dá comezo a historia dos Q de Vian Cadernos, unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, coa que se pretende establecer un punto de encontro entre distintas disciplinas artísticas. Eis Pegadas, o segundo número desta achega, que amosa unha trintena de voces diversas e dispares, reunidas para alentar a necesidade de dicir e de permanecer, nese acto cotiá de soletrear un nome ao teléfono.

Participan:

Aurelino Costa, Asun Estévez, Alberto Augusto Miranda, António Pedro Ribeiro, Baldo Ramos (ilustración), Miguel Ángel Alonso Diz, Bruno Miguel Resende, Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro, Lino Braxe, Lois Magariños (ilustración), María Elvira Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán, Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei, Marília Miranda Lopes, Manolo Pipas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside, Fátima Vale, Alba Méndez, Marta Pedrosa Agra, Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara, Xosé Daniel Costas, Xoán’ma Rial Rodríguez, Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas, Lucía Novas, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Rosa Enríquez, José Fontes Novas, Xavier Vásquez Freire, Xurxo F. Martins

Descarga Sétimo Andar, Poesía Alén

2011-04-26

Co libro practicamente esgotado, A Porta Verde fai posible que todas e todos os/as que o desexedes podades descargalo de balde pinchando en:

Sétimo Andar, Poesía Alén

Como resposta a unha demanda real e seguindo a liña marcada con anteriores publicacións, difundimos este libro, con licenza Creative Commons, como nova achega dos e das grandísimas poetas da República Portaverdiana.

Q de Vian Cadernos

2010-12-28

O primeiro dos números dos Q de Vian Cadernos verá a luz nas próximas semanas. Esta iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, abre un camiño para os encontros entre a produción artística de toda a lusofonía.

Sétimo andar en Moaña

2010-10-19

Verde tamén Espinho, Porto e Moaña

2010-10-04

O ciclo Estourar a Caixa Antiga, recolle a presentación de Sétimo andar, poesía alén, organizado pola Asociación Cultural Extrapolar, que terá lugar o día 9 de outubro, a partir das 17 horas, no Centro Multimeios de Espinho. Horas máis tarde, A Porta Verde do Sétimo Andar, estará no Filo-café Res Pública/Res Pirvada, a celebrar no Clube Literario do Porto.

Posteriormente, o día 22 de outubro, a partir das 21:30 horas, na Biblioteca de Quintela, en Moaña, celebrarase a terceira das presentacións de Sétimo andar, poesía alén.

cartaz moaña

A resaca do Sétimo Andar

2010-09-19

Ogallá todas as resacas fosen como esta. Apenas chegado do Morrazo, desembarco no correo para ver as magníficas caras dos compañeiros e compañeiras que compartimos a noite da Cova, na presentación do Sétimo Andar, Poesía Alén. Vai unha mostra.

A Cova e o Sétimo Andar

2010-08-29

sétimo andar, poesía alén

A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3, Vigo) acollerá a primeira das presentacións do segundo libro colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar.

Será o sábado 18 se setembro, a partir das 21 horas.

Libro editado baixo Licenza Creative Commons

Sétimo Andar, Poesía Alén

2010-07-07

Con portada de Roberto Alonso e participación de Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Mariola Soutelo, Manolo Pipas, Ramiro Vidal e eu mesmo, chega á imprenta a segunda entrega da  modesta aportación do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar á literatura galega. Un novo libro colectivo de poemas, baixo o título de Sétimo Andar, Poesía Alén.

Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s

2010-07-03

Por unha palabra tan só

Onte rematou o último tramo do periplo. A última fin de semana foi complicada. Ángeles, a rapaza da imprenta, até se ofrecera a traballarmos no caderno o sábado ou o domingo, pero a min colleume noutro lado, como xa é habitual nos últimos meses. Finalmente, listo en prazo e depósitado nas mans do xornal A Peneira, que fará os honores. O día nove nos quioscos, de balde co xornal e ás voltas co seguinte proxecto, A Porta Verde do Sétimo Andar e unha nova entrega desta poesía última de amor e enfermidade (tómome a lincencia de recoller este título do ilustre). Unha entrega non exenta de atrancos, mais que finalmente sairá á luz en poucas semanas.